Dámoslle a benvida á revista OLLOS DE AULA, creada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Ollos de aula é unha publicación mensual dirixida ás familias. Poderá descargarse desde a web da CGENDL ou recibila na casa se así o solicitas ao Equipo de Dinamización Lingüística.
Este é o propósito que a motiva:
"O obxectivo da publicación é achegarvos
información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar
sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais. Ao longo
das distintas seccións procurarase darlle resposta ás preguntas que nos
formuledes, afondar en temas de actualidade, explicar conceptos propios
do ensino ou achegarvos suxestións (lectura, música, viaxes…) para
poder compartir cos vosos fillos/as, sen esquecer, loxicamente, a nosa
lingua e as reflexións sobre a súa aprendizaxe. "
Preme na imaxe para ver esta interesante publicación.Transmitimos desde aquí o noso ánimo e parabéns a CGENDL por seguir cada curso dándolle pulo á nosa lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario.Mira ao final da páxina como facelo.